top of page
Ludovaina somos un cuarteto tradicional de música do país. Alá en Decembro do ano 2003 escomezamos a ensaiar para ir tocar ós Carnavales do Hío, concretamente a Pinténs, e foi aquí onde decidimos seguir adiante co grupo e onde nos fixemos realmente gaiteiros.

O noso estilo é o tradicional, a pesar de que tocamos temas propios compostos actualmente, procuramos manter o estilo, o sabor,... ou como nós dicimos, a esencia dos vellos gaiteiros.

Tras varios cambios nos compoñentes dos grupo,no 2013 sacamos á venda o noso primeiro traballo "Bicos, abrasos e apalpasos". Trátase dun "fármaco musical" co que pretendemos chamar a atención de ouvintes doutros estilos musicales e dar un aire novo á música tradicional galega.
 
Laboratorios Ludovaina está formado por:

Serafín Santos – Bombo, charles, percusión menor e o que lle boten
Rodri Martínez - Tambor e aereostáticos
Roberto Sotelo – Gaita
Pablo Rial - Gaita

 

bottom of page